Thursday 16 de May de 2024

A Mancomunidade de Ordes entrega os premios do concurso ‘Comparte, fai que a vexan’


A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes entregou os premios do concurso ‘Comparte, fai que a vexan’, convocado co gallo do ‘Día internacional da non violencia contra a muller’. De mans de Roberto Rey e Antonio Pereiro, presidente do ente e alcalde de Tordoia respectivamente, Marta Merayo Ferreiro recolleu a súa tableta. Un premio acadado grazas ao cartel deseñado por ela mesma e difundido a través de Facebook, no cal se mostran a dúas nenas de estilo colexial coa mensaxe “engaiolar non é engaiolar”. Por outra banda o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, encargouse de recoller o mesmo premio para Alejandro Estévez. O seu tuit “A violencia de xénero non pode ser un segredo” foi o que máis ‘gústame’ obtivo no Twitter. A través desta convocatoria este ano a Mancomunidade de Ordes abordou a importancia que teñen as redes sociais como instrumento que incide, positiva ou negativamente segundo o seu uso, na violencia contra as mulleres. Unha iniciativa que se complementou co programa desenvolvido nos institutos da comarca que, baixo o mesmo título có concurso, traballou conxuntamente co alumnado e o seu contorno familiar máis próximo.